Somos unha produtora creada en Vigo en 2007 por Alex Penabade e David Hernández. Estamos especializados na produción e realización de contidos audiovisuais, o noso traballo está dirixido principalmente aos seguientes xéneros:
• Documental
• Fashion film
• Publicidade
• Empresa
• Videoclip
• Divulgativo e formación
Contamos con profesionais de confianza que colaboran connosco según as necesidades da produción que abordemos: dirección de arte, son, interpretación, voz en off, maquillaxe/peiteado, gravación aérea, grafismo, … deste xeito podemos acometer todo tipo de proxectos según a súa envergadura.
En cada traballo que facemos damos o 100% de nosa vocación e profesionalidade. Cada novo encargo é para nós unha oportunidade para crear e seguir aprendendo, pois pensamos que o noso medio está nunha evolución permanente da que debemos participar.