Alex Penabade

Alex Penabade

En todos estes anos, desde que creamos David e eu Adarme Visual, fun evolucionando, dando pasos cara á realización e a montaxe, aínda que sen deixar de traballar como operadora de cámara para diferentes proxectos. A miña traxectoria profesional estivo vinculada a múltiples produtoras, pero nos últimos anos, o meu traballo centrouse principalmente na nosa empresa Adarme Visual, decisión que me da máis liberdade creativa, máis contacto directo co cliente e máis flexibilidade de horarios para gozar do meu proxecto familiar. 

Coa realización e a montaxe descubrín que podo empatizar cos proxectos que se me presentan e que a través das miñas decisións, tento conformar unha peza audiovisual que lles defina. Atopo unha gran satisfacción cando isto sucede. Encántame participar en proxectos culturais que necesitan dun respaldo audiovisual, aínda que o meu traballo tamén discorre entre a realización e montaxe de fashion films, documentais e corporativos.